Background

Quen somos

Historia do noso queixo

Queixerías BAMA é herdeira da tradición queixeira que existía na zona centro de Galicia, máis especificamente entre os ríos Ulla e Tambre. Nace no seo dunha familia con larga tradición queixeira, no afán de preservar e potenciar os produtos tradicionais, que dan identidade á nosa zona.

infografia BAMA

Por que mercar queixo BAMA?

Existen moitas maneiras de facer queixo, pero unha soa de facer un queixo de calidade. Isto sabémolo ben en Queixerías BAMA, xa que aínda que hai unha tendencia a facer queixos cada vez máis baratos en detrimento da calidade, dende Queixerías BAMA seguimos mellorando o noso queixo cada día, facéndoo con máis matices e sabor que nunca, e ademais respectuoso co medio ambiente.

A nosa forma de facer queixo

Tradicionalmente os nosos bisavós e tataravós facían un queixo ou dous ao día, e o levaban ao mercado local. Moi pouco a pouco, foi chegando a industrialización do produto, e así partindo dos 300 litros de leite que se procesaban ó día a nivel familiar no ano 1987, pasouse ós 78.000 litros diarios que se procesan actualmente.

Este cambio foise producindo paralelamente ao cambio da gandaría galega, que pasou da vaca como ferramenta de traballo, á produtora de leite. Polo tanto a partir dos oitenta, ao producirse máis leite, fíxose necesaria a transformación da mesma, e xurdiron ante esa necesidade tanto as queixerías como as denominacións de orixe.

FACER QUEIXO BAMA
icono leite

O noso leite

Nas mellores condicións, nun fértil val, as numerosas granxas aportan diariamente o leite máis fresco. Así tras unha pasteurización suave, as técnicas tradicionais de elaboración ofrecen como resultado final, uns queixos de textura delicada e fundente.

Hai que resaltar que en Queixerías BAMA, non escatimamos na cantidade de leite necesaria para a produción do queixo, xa que usando o leite de mellor calidade, adaptamos os volumes en función da época do ano, coa finalidade de manter sempre os altos niveis de calidade do noso queixo.

icono gandeiros

Os nosos gandeiros

Unha parte fundamental para o noso éxito son os nosos gandeiros, cos que traballamos día a día de forma conxunta co fin de asegurar a calidade do leite e co obxectivo de mellorar o perfil leiteiro asegurando así a elaboración dun produto excelente como é o noso queixo.

En Queixerías BAMA traballamos dende fai mais de 20 anos ca Cooperativa Leiteira Pico Sacro, situada no concello de Boqueixón. A Cooperativa está composta por arredor de 50 gandarías dedicadas en exclusiva á produción de leite de vaca, todas elas inscritas nas D.O.P. Queixo Tetilla e Arzúa-Ulloa. As diferentes explotacións localízanse nos concellos de A Estrada, Boqueixón, O Pino, Santiago Compostela, Teo, Touro e Vedra, situados a un radio máximo de 30 km de distancia da nosa fábrica.

A proximidade e o acceso á materia prima permítenos obter un leite máis fresco e de maior calidade á vez que nos fai ser moito máis sostibles.