Background

Innovación e Calidade

En Queixerías BAMA contamos cun Departamento de Innovación, Produto e Calidade que traballa diariamente para manter o mais alto nivel de calidade e seguridade alimentaria dos nosos queixos. Así, dende o noso departamento lévanse a cabo múltiples controis rigorosos que abarcan todas as fases do proceso produtivo, dende os provedores e gandeiros ata a comercialización do produto final.

Ademais, dende fai mais dunha década apostamos fortemente pola I+D+i para así lograr a mellora continua dos nosos procesos e produtos á vez que buscamos adiantarnos e adaptarnos as necesidades do mercado, pero sempre mantendo a máxima calidade dos nosos queixos.

1 CARGA LECHE

O leite recóllese a diario nas gandarías

2 LLEGADA FÁBRICA

Descárgase nos silos da queixería

3 PROCESO TERMICO

O leite pasteurízase para eliminar os microorganismos patóxenos

O leite pasteurizado introdúcese nas cubas e engádenselle os ingredientes para producir a coagulación. Posteriormente córtase a pasta e obtéñense os graos da callada e o soro lácteo

Os grans métense en moldes e prénsanse para darlle a forma desexada ao queixo

Os queixos pásanse a unha cámara de secado onde madurarán un mínimo de 6-8 días

Cando os queixos están no seu punto de maduración idóneo, envásanse e saen da fábrica para ir ata o punto de venta