Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

QUEIXO ARZÚA-ULLOA D.O.P.
Este queixo de forma lenticular, parte da pasteurización do mellor leite de vaca e un mínimo de seis días de maduración. Preséntase cunha codia fina e elástica, brillante e lisa e todos eles encíntanse coa nosa característica banda branca de algodón.
No interior, unha pasta uniforme, sen gretas, entre branco marfil e amárelo pálido, mostra escasos ollos redondeados distribuídos de maneira irregular.
Finalmente un aroma, que lembra o iogur e a manteiga, e o sabor fundamental do leite, lixeiramente salgado e de acidez media-baixa, permítenos identificar un exquisito Queixo Arzúa-Ulloa de BAMA.
Proba o noso queixo con…
O queixo Arzúa-Ulloa é un queixo suave polo que se pode empregar tanto para elaboracións salgadas como doces. Pódese acompañar con mel ou marmelo si se toma cru, pero tamén é moi adecuado para enriquecer pratos de verdura ou de carne ou para obter recheos mais suculentos. Ademais, dado que funde a baixas temperaturas sen perder as súas propiedades, resulta ideal como acompañamento en bocadillos ou para elaborar tostas e pratos gratinados.
Forma: lenticular
Aspecto: cor amarela pallosa
Superficie cerosa e lisa
Pezas: 500 gr, 1 kg, e 3 kg
Consumir preferentemente antes de 90 días
Leite enteiro pasteurizado de vaca, fermentos lácticos (leite), callo, sal e corrector de acidez (cloruro cálcico).
Recubrimento da codia: Dextrosa, carboximetilcelulosa e conservadores (propionato sódico, ácido sórbico e natamicina).
Extracto Seco mínimo 45%.
Información nutricional (valor medio por 100g) |
|
---|---|
Valor enerxético | 1243 kJ/297 kcal |
Graxas | 25,00 g |
das cales saturadas | 16,30 g |
Hidratos de carbono | 0,69 g |
dos cales azucres | 0,56 g |
Proteínas | 17,00 g |
Sal | 1,17 g |
No queixo Arzúa-Ulloa D.O.P.:
- Distinción de bronce na V edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2002)
- Distinción de prata na VI edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2003) e de ouro por Radio-Turismo
- Distinción de ouro na VII edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2004)
- Distinción de prata na VIII edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2005)
- Distinción de bronce na X edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2007)
- Distinción de bronce na XI edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2008)
- Distinción de ouro na XII edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2009)
- Distinción de bronce na XIII edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2010)
- Distinción de bronce na XV edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2012)
- Distinción de prata na XVII edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2014)
- Distinción de bronce na XXI edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2018)
No queixo Arzúa-Ulloa Curado D.O.P.:
- Distinción de bronce na XVI edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2013)
QUEIXO TETILLA D.O.P.
A denominación de orixe Queixo Tetilla é amplamente coñecida. Elaborado con leite pasteurizado de vaca ten un período de maduración mínimo de oito días. Tódolos formatos, entre 0,7 e 1,5 Kg, están recubertos cunha codia fina e elástica, de cor amarela pallosa.
A súa pasta branca, con poucos ollos repartidos regularmente é cremosa e uniforme, ideal para acompañala con pans densos da artesanía galega.
Un aroma suavemente ácido, e un sabor lácteo manteigoso, e lixeiramente salgado, son as mostras do noso Queixo Tetilla.
Proba o noso queixo con…
Para a súa degustación directa recoméndase acompañalo de pans densos, de tradición galega, como ó artesá de trigo, o de millo, de centeo ou mesmo o integral, ou tamén de marmelo, uvas ou noces.
Forma: cónica, cóncava-convexa
Aspecto: cor marela pallosa.
Superficie cerosa e lisa
Pezas: 750 gr e 1 kg
Consumir preferentemente antes de 90 días
Leite enteiro pasteurizado de vaca, fermentos lácticos (leite), callo, sal e corrector de acidez (cloruro cálcico).
Recubrimento da codia: Dextrosa, carboximetilcelulosa e conservadores (propionato sódico, ácido sórbico e natamicina).
Extracto Seco mínimo 45%.
Información nutricional (valor medio por 100g) |
|
---|---|
Valor enerxético | 1243 kJ/297 kcal |
Graxas | 25,00 g |
das cales saturadas | 16,30 g |
Hidratos de carbono | 0,69 g |
dos cales azucres | 0,56 g |
Proteínas | 17,00 g |
Sal | 1,17 g |
- Distinción de bronce na III edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2000)
- Distinción de ouro na XII edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2009)
- Distinción de prata na XIV edición da “Cata dos queixos de Galicia” (2011)
As nosas marcas

BAMA
