Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Preguntas frecuentes
¿A codia dos seus queixos é comestible?
A codia dos nosos queixos está composta dunha mestura de aditivos de grado alimentario polo que se pode consumir sen ningún tipo de problema.
Son alérxico ó gluten, ¿Podo comer o seu queixo?
Si, dado que o noso queixo non contén gluten.
Son alérxico á proteína do leite de vaca, ¿Podo comer o seu queixo?
Non, porque o noso queixo contén proteína de leite de vaca.
Son intolerante á lactosa, ¿podo comer o seu queixo?
Aínda que algunhas persoas teñen intolerancia á lactosa, iso non significa que teñan que evitar o queixo por completo. No caso dos nosos queixos, a maior parte da lactosa eliminase durante o proceso de elaboración resultando nun contido final de lactosa moi baixo, inferior ó 0,01%, polo que pode ser ben tolerado polos intolerantes á lactosa.
Estou embarazada, ¿podo comer o seu queixo?
As mulleres embarazadas deben asegurarse de evitar o consumo de queixos elaborados con leite non pasteurizado (“leite cru”) dado que este pode conter bacterias nocivas, como a Listeria, que poden ser perigosas tanto para o feto como para a nai. Todos os nosos queixos son elaborados con leite pasteurizado polo que son seguros para as mulleres embarazadas.
¿Durante canto tempo podo conservar o seu queixo?
Os nosos queixos son alimentos microbiolóxicamente non perecedoiros polo que son seguros e conservan as súas propiedades durante períodos longos de tempo. En base a isto, a vida útil dos nosos queixos establecese de acordo a unha “data de consumo preferente” que se indica na etiqueta do produto e se corresponde con un máximo de 90 días. Pasada esa data pódese seguir consumindo o noso queixo, sen embargo, pode ser que perdera parte das súas propiedades nutricionais e/ou sensoriais e varíe algo o seu sabor.
¿Como debo conservar o seu queixo?
A forma mais adecuada de conservar os nosos queixos é mantelos a refrixeración entre 4 e 8 ºC. Si se conservan nun frigorífico debemos utilizar os caixóns inferiores do mesmo dado que son os menos fríos.
¿Cal é a forma mais adecuada de servir o seu queixo?
A mellor maneira de degustar o noso queixo é sacándoo do frigorífico e manténdoo a temperatura ambiente (aprox. 14-16 ºC) alo menos 30 min antes de servilo para que se potencien as súas propiedades sensoriais (aroma, sabor e textura).