Ingredientes:

  • 350 gramos de grelos frescos da horta
  • 25 gramos de queixo Bama
  • 3 chalotas ben picadiñas
  • 1 vaso de leite
  • 1/2 vaso de auga de cocer os grelos
  • fariña e un chisco de aceite para a bechamel
  • sal ao gusto
  • fariña, ovo e pan relado para empanar

Preparación:

  1. Lavamos ben os grelos, picámolos e cocémolos cun chisco de aceite de oliva e sal ata que estean brandiños.
  2. Por outra banda, fritimos as chalotas, engadimos a fariña e fritímola para que non dea moito sabor ás croquetas. E engadimos o leite e o caldo de cocer os grelos.
  3. Cando xa teñamos a bechamel no seu punto, engadimos o queixo e os grelos.
  4. Cando a masa se despegue con facilidade da tixola, estará lista. Deixamos que arrefríe e despois cortámola en anaquiños e formamos boliñas.
  5. Pasamos cada boliña por fariña, ovo e pan relado, e a fritir en abundante aceite ben quente.

Receita by Kukinhas