A adega Solaina Minei, a estación de viticultura de Leiro e a IXP do Pan de Cea recibieron os galardóns
A asociación Álvaro de Casas leva trece anos entregando os Premios Bacelos de Prata, cos que trata de promover o uso do galego nos produtos elaborados na nosa terra. Os galardóns deste ano 2019 foron entregados este sábado no Pazo de Ulloa en Esposende, Ribadavia, e, ademais de anfitrioa, a provincia de Ourense foi a que acaparou os recoñecementos. Dos catro premios, tres foron para entidades ourensás: a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), con sede en Leiro, a Indicación Xeográfica Protexida do Pan de Cea e máis a adega Solaina Minei, da denominación do Ribeiro. O outro galardón foi para a queixería coruñesa BAMA.