Ingredientes:
- 350 gramos de grelos frescos da horta
- 25 gramos de queixo Bama
- 3 chalotas ben picadiñas
- 1 vaso de leite
- 1/2 vaso de auga de cocer os grelos
- fariña e un chisco de aceite para a bechamel
- sal ao gusto
- fariña, ovo e pan relado para empanar
Preparación:
- Lavamos ben os grelos, picámolos e cocémolos cun chisco de aceite de oliva e sal ata que estean brandiños.
- Por outra banda, fritimos as chalotas, engadimos a fariña e fritímola para que non dea moito sabor ás croquetas. E engadimos o leite e o caldo de cocer os grelos.
- Cando xa teñamos a bechamel no seu punto, engadimos o queixo e os grelos.
- Cando a masa se despegue con facilidade da tixola, estará lista. Deixamos que arrefríe e despois cortámola en anaquiños e formamos boliñas.
- Pasamos cada boliña por fariña, ovo e pan relado, e a fritir en abundante aceite ben quente.