Ingredientes:

  • pementos de Padrón
  • queixo Bama
  • fariña, ovo e pan relado para empanar

Preparación:

  1. Collemos o pemento e facémoslle un corte ao longo. Non lles sacamos o rabiño.
  2. Despois, cunha culleriña pequena, sacámoslle algunhas sementes (para que o queixo teña máis sitio). Se vedes que se vos rompe, non pasa nada, despois co empanado, tapámolo.
  3. Lavamos os pementos para sacarlle as sementes que queden por aí perdidas e secámolos.
  4. Cortamos un anaco de queixo e metémolo dentro do pemento, pechándoo ben.
  5. Pasamos os pementos por fariña, ovo e pan relado. Deixamos que seque o empanado, e volvémolos pasar por ovo e pan relado.
  6. Fritimos en abundante aceite quente ata que estean douradiños.

Receita by Kukinhas