Ingredientes:

  • 300 gramos de azucre e unha cullerada de auga para o caramelo caseiro
  • 225 gramos de queixo Bama (sen codia)
  • 250 ml de nata para montar (35% M.G.)
  • 200 ml de leite
  • 6 ovos da casa
  • 100 gramos de azucre

Preparación:

  1. Primeiro de todo, faremos o caramelo caseiro co azucre e a cullerada de auga, poñéndoo ao lume ata que estea listo. A continuación, botarémolo sobre o molde que irá ao forno.
  2. Nunha pota, poñemos ao lume a nata, o leite e o queixo cortado en anacos. E quentamos (sen que chegue a ferver) ata que o queixo estea totalmente desfeito. Cando estea listo, apagamos o lume e deixamos que arrefríe un pouco.
  3. Batemos os ovos e o azucre, e mesturamos ámbalas dúas mesturas.
  4. Vertemos o flan de queixo sobre o caramelo e poñémolo sobre un molde con auga ao baño maría dentro do forno a unha temperatura de 200 graos durante uns 40-50 minutos, ou ata que vexades que colle unha cor marrón dourada por riba.
  5. Cando estea frío, só queda darlle a volta.

Receita by Kukinhas